Thursday 09 de May de 2024

A Xunta recoñece o traballo de 9 centros educativos públicos coruñeses cos premios de innovación en formación profesional


O orzamento deste ano case duplica ao dirixido na anterior edición a esta convocatoria, que ten por obxecto impulsar proxectos de innovación tecnolóxica, científica e didáctica nestas ensinanzas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, cos que se recoñece o traballo de 9 centros públicos coruñeses. O departamento educativo da Xunta destinou a esta convocatoria 500.000 euros, de tal forma que a dotación orzamentaria destes galardóns é a máis alta da súa historia case duplicando a contía dirixida aos mesmos na edición anterior.

Os proxectos presentados na modalidade A debían ter como obxectivo a innovación tecnolóxica ou científica, e a mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. Tiñan, así mesmo, que estar orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deberían ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:

Centro coordinador Proxecto Entidades colaboradoras
IES Universidade Laboral (Culleredo)

(Colaborador: IES San Clemente) Mobilidade renovable EDF Solar, Energía, Innovación y Desarrollo Fotovoltaico SL
Automóviles Antamotor, S.L. TUMOSA, Turismos Motor, S.A.
AEDIVE, Asociación de empresas del vehículo eléctrico
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
(Colaborador: IES Illa de Sarón) Electrobicicleta de man para nenos con mobilidade reducida Alfredo Vidal Vallejo S.L.
Hospital Nacional de Parapléxicos, Toledo
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) Aplicacións da castaña galega na panadaría e repostaría Consello Regulador “IXP Castaña de Galicia”
IES de Ortigueira (Ortigueira)
(Colaboradores: CIFP Ferrolterra e IES Antón Losada Diéguez) WOOD_COM. Cápsula orgánica multiúso FINSA S.A
Maderas Besteiro S.L.
XAMAR S.L
Concello Ortigueira
INELSA
TRADISCO S.L
Santos Cocina y Baño
Turismo de Galicia
CIFP Ánxel Casal- Montealto (A Coruña) Próteses dentais: seguindo a moda. Elaboración de próteses coas novas tecnoloxías Laboratorio Dental Felipe Juan
CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)
(Colaboradores: CIFP Carlos Oroza, CIFP Manuel Antonio), IES Politécnico de Vigo, CIFP Paseo das Pontes e IES de Vilamarín) 3D. Como cambia a FP La Factoría 3D
Pola súa banda, na modalidade B inclúense os proxectos que teñan como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Tiñan, así mesmo, que estar orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Neste caso os centros e proxectos galardoados foron os seguintes:

Centro coordinador Proxecto Entidades colaboradoras
IES Monte Neme (Carballo) Obradoiro creativo de novas tecnoloxías de deseño e de fabricación: MakerSpace Nemet E-Pulse Servicios de Internet, S.L.
Allnet Ibérica
IES Universidade Laboral (Culleredo)
(Colaborador: IES Terra de Soneira) Deseño e montaxe de prototipo de frigorífico domótico mediante software e hardware libre
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
(Colaboradores: IES Fragas do Eume, IES de Fene, IES Sofía Casanova, CEIP Recimil, CPI A Xunqueira) Creación dun robot educativo. Hospital de robots Disomain, SLL
CFR de Ferrol
Robótica Fácil Universitat Politécnica de Valencia
Escuela de especialidades Antonio de Escaño
CIFP Ferrolterra (Ferrol) Prototipo de sistema Dish Stirling para a conversión de enerxía solar en enerxía eléctrica Soluciones Metalúrgicas Gallegas, S.L.
IELEC, Industria y electricidad, S.L.
Escuela de especialidades Antonio de Escaño
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
(Colaborador: IES de Fene) Ferramenta multiúsos para operacións auxiliares de soldadura T.M. Galicia S.L.
Herramientas Ferpa S.L.
CIFP Coroso (Ribeira) Punto de recarga de vehículos eléctricos sustentable con enerxías renovables Instalaciones Taragoña S.C.
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) Aplicación didáctica intelixente para o control do consumo eléctrico, conectando coa industria 4.0 TELECOM GALICIA SA
Schneider Electric
Infobradoiro Consultores SL
UDESA
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) Museo didáctico dos alimentos Diconsil-Barbanza SLU